Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/10/20

Novela de ajedrez

 


Publica Edelvives este famoso libro de Stefan Zweig coas ilustracións de Tlacuiloa, que consegue aportar un universo diferente á novela, xogando con luces e sombras e imprimindo o ritmo axeitado a cada pasaxe, destancando asemade a caracterización e a dramatización dos personaxes. Consegue, en fin, crear unha novela nova a unha que xa era maxistral.


30/10/20

Frida


 A
editorial Baobab edita este Frida de Jonah Winter con ilustracións de Ana Juan, publicado inicialmente no 2002. Un álbum ilustrado para gozar, sobre todo, porque con que conteñan ilustracións de Ana Juan xa nos daremos por satisfeitxs. Asemade, o libro conta a historia desta famosa pintora, do seu sufrimento e de como a arte a axudou a sobrevivir e a realizar un resultado tan diferente.


29/10/20

Juntos lo hacemos mejor

 

26/10/20

#LosProdigiososDeEcovidrio

 

25/10/20

Fábulas contadas


 L
embro que na miña infancia lía con devoción un libriño de fábulas que na miña casa había de Esopo, un libro ilustrado que prendeu na miña mente por ser lectura activa da nenez. Gonzalo Navaza recolle algunhas desas famosas fábulas para convertelas en verso e traelas agora á rapazallada galega, pequenos ralatos versificados que teñen como protagonistas a animais, agás dúas. Así que a editorial Xerais publica este libriño titulado Fábulas contadas con ilustracións de Orelí Pello e introdución de Antonio Reigosa, experto en literatura oral que nos recomenda viaxar por estas historias, xa que as fábulas foron (e seguen a ser) un instrumento contra os abusos e a estupidez. Vaia, que as fábulas foron e seguen a ser moi necesarias, será que houbo sempre moita parvada. Á vista está. O problema debe ser que pouco se aprense, a pesar da existencia das fábulas... e outras formas de cultura.



24/10/20

La vida contada por un sapiens a un neandertal


U
nha gozada este libro escrito a catro mans por Juan José Millás e Juan Luis Arsuaga que publica Alfaguara: La vida contada por un sapiens a un neandertal é ciencia para novatxs, ciencia para todos los públicos chea de sentido de humor e cultura. Un encontro entre estas dúas persoas que percorren dezaseis lugares diferentes, tanto como un sex shop ou un supermercado. Achegámonos á vida dos neardartais como explicación da Historia, un momento no que existía a propiedade privada e o ser humano non pretendía acumuluar riquezas para si mesmo. Tamén nos lembran que o ser humano aínda que humano, é animal, e non hai máis que mirar ao derredor. 

Desde logo.



19/10/20

Os Minimortos

 


V
olve Ledicia Costas a levarnos de viaxe ao inframundo, da man dos Minimortos, quen nos dan a benvida con ledicia e con algunha que outra trasnada. Ao fin e ao cabo, é normal, á súa idade estas son as características que os definen, estean onde estean. Sorpréndenos a autora novamente con esta capacidade súa de levarnos a ese mundo misterioso do que ninguén quere falar, un asunto do que sempre fuximos e ao que sempre tememos. Esta naturalidade, xa conseguida noutros libros anteriores, volve poñerse de manifesto neste libriño para a rapazallada pequecha, e faino dende un punto narrativo dunha curuxa que remata cunha frase esencial: estean onde estean os nenos e as nenas, o que queren é a felicidade. 

Publicado por Xerais con ilustracións de Mar Villar.

18/10/20

O bolero de Ravel


A
  portada suxire. A contracapa convida. O título marca. E logo, as páxinas... imposible non quedar prendado deste libro que suxire musicalidade e que transforma a atmosfera que respiramos en notas e en delicadeza. Por non falar das ilustracións, que dan ganas de tocalas, de acariñalas. O sue autor, José Antonio Abad Varela, experto en traernos a música de xeito ameno e doado, é quen de facernos sentir cada nota, acompañado maxistralmente pola música ilustrada que nos agasalla Federico Delicado, compositor de imaxes. Por suposto, a marabillosa edición da editorial Kalandraka, quen se encarga de que esteamos ante un libro perfecto que nos fai bailar a rito dun Bolero que tan só con palabras e ilustracións, somos quen de escoitar.

17/10/20

El príncipe azul, La princesa rosa

 


Riccardo Francaviglia e Margherita Sgarlata son autorxs deste álbum sen palabras que me enganou por completo, xa que non me fixara en que tiña dúas faces e ante o título temía o peor, pero resultou ser todo o contrario, así que o álbum presenta ademais da sorpresa unha chiscasdela xenial a quen o le, porque podes mirar dúas historias ben diferentes dende dous ángulos (de adiante a atrás e de atrá a adiante) e dúas perspectivas: un dobre pracer nun mesmo libro. Ademais, como me encantasn os álbums sen palabras, este dá moito máis xogo. Publicado por Kalandraka, non podía ser doutro xeito.

15/10/20

LE RETOUR DES VAGUES

13/10/20

A Folded Wish

11/10/20

SOFÍA

08/10/20

Shine

05/10/20

Los Vecinos

02/10/20

Yo también quiero ser ingeniera

 

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.