Hoxe quixemos darvos un pequeño agasallo para os vosos oídos. E para alonxarnos das radio fórmulas, pensamos que non estaría mal darvos a coñecer a o gran Duque Blanco: David Bowie.
Con 60 anos recén cumpridos é, sen dúbida algunha, un dos artistas máis respetados e influíntes da historia do rock cuxa música deixou unha enorme pegada en varias xeracións de artistas. Durante a súa longa traxectoria, a súa música vinculouse con múltiples xéneros como o folk rock, o glam, o soul ou a música electrónica, demostrando unha gran facilidade para reinventarse e adaptarse ás novas tendencias musicais.
Un dos seus sinais de identidade máis carismáticos é a diferenza de cor do seu ollo esquerdo, o cal foi danado cun compás nunha pelexa na escola.
Discografía fundamental:
Ø The man who sold the world (1970)
Ø Hunky Dory (1972)
Ø The Rise And Fall Of Ziggy Stardust And The Spiders From Mars(1972)
Ø Aladdin Sane (1973)
Ø Station To Station (1976)
Ø Heroes (1977)
Ø Scary Monsters (1980)
Aquí che deixamos unha breve selección dalgunha das súas cancións. Agardamos que vos guste!
Sen comentarios
Publicar un comentario