Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/09/07

Nontodovanserlibros (II)

Postos a seguir sacando do noso baúl nomes indispensabeis para calquera amante da música moderna, quixemos hoxe traervos a esta ventá á que quizáis sexa a banda máis influínte na historia do rock: Led Zeppelin.


Fundada no ano 1968, o guitarrista Jimmy Page formou xunto con John Paul Jones (baixo e teclado), Robert Plant (voz) e John Bonham (batería) a banda pioneira no desenrolo do estilo Heavy Metal. Ademais, incluiu elementos dun amplo espectro de influenzas, como blues, Rock and Roll Clásico, Soul, celta, música india, árabe, folk, country...
Máis de 25 anos despois da disgregación da banda no ano 1980, a música de Led Zeppelin continúa vendéndose e disfruta dunha ampla difusión radiofónica. Ata agora, a banda leva vendido máis de 300 millóns de discos no mundo.

Discografía básica
  • Led Zeppelin (xaneiro 1969)
  • Led Zeppelin II (outubro 1969)
  • Led Zeppelin III (1970)
  • Untitled (1971)

Seguramente cando escoites algún dos temas que che seleccionamos a continuación daraste conta de que nalgún momento da túa vida os Led Zeppelin se tiñan cruzado contigo. Ao fin e ao cabo, un clásico coma Stairway to Heaven ten obrigada presenza na selección persoal de calquera amante do rock. Abride ben as orellas!

free music

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.