Recibín un emilio dun querido compañeiro, Manuel Igrexas (quen para min sempre será Manolo-gas aínda que el queira que o escribas con "x") no que me dicía textualmente que "ao ver este vídeo pensou que estaba feito para o noso -e voso- blog". Ante isto, non teño máis que volo amosar, porque... é o home máis crítico que coñezo, a así sei que desta non terá nada que dicir! (Un bico, Manuel, esteas onde esteas... que sei que nos les aínda que non comentes!)
Teño que dicir que o anuncio paga a pena, será porque aos 40 non sei que facer coa miña vida!
Sen comentarios
Publicar un comentario