O outro día chegoume a noticia de que en Estados Unidos os cómics de Tintín pasaban á sección de "adultos". Queredes saber a razón? Explicámosvola agora, xa que de Tintín poderiamos analizar moitas cuestións, como a ausencia de mulleres protagonistas. Cóntase que o propio personaxe de Tintín está inspirado no líder do rexismo belga, un colaboracionista ultracatólico que acabou acollido polo réxime de Franco, mentres media Europa pedía a sú a cabeza.
O que hoxe nos ocupa é "Tíntín no Congo", denunciado en Bélxica por racismo. Este mesmo tivo que ser purgado de algunhas das escenas máis colonialistas polo propio autor no seu paso á cor. Pero aínda hoxe pódense atopar nel escenas claramente racistas. Tintín representa ao colono belga, que trae a relixión e a civilización a uns pobres negriños que só saben falar usando infinitivos.
A realidade colonial do Congo foi ben distinta destes cadriños idílicos. Entregado á propiedade persoal do rei Leopoldo II, como xeito de evitar un conflito internacional sobre a súa custodia, pasou en pouco t empo a mans do Estado belga. Tanto o propio Leopoldo como o goberno que intermediou despois levaron a cabo un particular xenocidio no territorio, primeiro para impoñer a relixión, e despois porque os nativos non querían traballar de balde para eles. Naturalmente nada disto importou, xa que o labor civilizador precisaba de tales sacrificios. Aínda hoxe, ese Tintín autocensurado representa a visión de bos cristián fronte a nativos desmelenados e transmítese ás novas xeracións.
Eu, que este ano estiven en Bélxica, puiden comprobar como os belgas adoran a este personaxe e, en xeral, todo tipo de cómics: tendas especializadas, tendas de "souvenirs", mesmo murais nalgunhas casas.... No "Museo do Cómic" (paga a pena velo) descubrín moitos títulos e autores descoñecidos e puiden apalpar "in situ" o devoradores que son deste tipo de lecturas. Mesmo lles fixen unha foto para ensinárvola, aínda que non se ve moi clara, poderesdes intuír como mozos e mozas sentan mesmo no chan para ler, xa que a bibilioteca quedábaselles pequena:
Sen comentarios
Publicar un comentario