Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/10/07

Nontodovanserlibros(XV)

Hoxe imos dedicarlle esta sección á "Dama Branca do Blues". Non sabemos se o alcume lle vén pola cor da súa pel ou do seu nariz, pero, de todos os xeitos, Janis Joplin foi moita Janis. Tanta, que cada ano que pasa multiplícanse os seus seguidores, da mesma maneira que aumenta o número de botellas de whisky na tumba de Jim Morrison.


Naceu no ano 1943 en Texas. No primeiro ano de instituto, tinguiu o pelo de laranja e uniuse a unha pandilla de xoves radicais polo que se convertiu nunha marxinada polos seus compañeros de clase, sendo durante esta étapa unha persoa moi impopular. Rexeitaba o racismo e acusábaselle de ser "amiga dos negros". Aos 16 anos comezou a manifestar o seu amor pola música. Frecuentaba os bares de Louisiana, onde escoitaba música negra. Comezou a cantar aos 17 anos.


Gravou o seu primeiro disco cando estudaba Belas Artes na Universidade de Texas e comezou a cantar de forma habitual en bares. En 1963, a cidade de San Francisco coñeceu o talento de Janis Joplin. Foi neste período cando comezou o contacto coa droga que a mergullou nun estado de abandono ata o final dos seus días.


O 4 de outubro de 1970, en plena gravación do seu disco póstumo Pearl morreu por sobredose de heroína. Janis pasara por experiencias similares e saíra con vida, pero esta vez no tiña a ninguén para ayudala. Descubriron o seu corpo unhas 18 horas despois. Coma homenaxe, no disco anteriormente citado deixouse o tema "Mercedes Benz" a capella, sen música, xa que foi a última canción que Janis gravou.
Unha prodixiosa voz negra dentro dunha muller branca. Un talento inmenso; unha vida marcada polas drogas; en definitiva, un dos grandes mitos da música á altura de lendas coma Jim Morrison ou Jimi Hendrix.

É moi probable que moitos dos que nos visitades con asiduidade nunca xamais tiverades oído falar dela. Só vos podo pedir desde aquí que escoitedes esta voz única e inigualable e me deades a vosa opinión.
Que teñades boas vibracións!

free music

4 comentarios:

Rodrigo dixo...

Nesta época de "triunfitos" e vendedores de fume lembrar a Janis Joplin non ten prezo.
Grazas por facernos saír da monotonía.

Anónimo dixo...

Considero que é importante mostrarlle ás novas xeracións a todos estes mitos que esculpiron a palabra ROCK en maiúscula. Grazas polas túas palabras, Rodrigo

Ronsel dixo...

Xa era hora de que lle tocase a unha muller! (Xa sabes que son a miña "debilidá"... e esta é xenial!)

Isa dixo...

Canto tempo sen escoitala!Que bós recordos!Graciñss por este momento de añoranza.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.