Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/10/07

Test

Non todo o mundo ve xirar a esta bailarina cara ao mesmo lado.
Como a ves ti, no sentido das agullas do reloxo ou á inversa?

Os investigadores confirmaron que na maioría das persoas o hemisferio esquerdo é o máis verbal e o dereito está especializado na percepción visual e no recoñecemento da emoción.

Cara a que lado está xirando esta moza?

Se ves que xira no sentido das agullas do reloxo, o hemisferio dereito é o dominante do teu cerebro; e se a ves xirar cara ao outro lado, é o hemisferio esquerdo o teu dominante.


* Se a ves xirar cara á esquerda, estas son túas características: O hemisferio esquerdo vén a ser algo así como o cerebro “lóxico”. Os centros do lado esquerdo do cerebro controlan a fala, a escritura, a numeración, as matemáticas e a lóxica:
  • Utilizas a lóxica
  • Estás orientado aos detalles
  • Baséaste nos feitos
  • Son importantes as palabras e a linguaxe
  • Presente e pasado
  • As matemáticas e as ciencias
  • Baséaste na realidade, utilizas formas de estratexias e es práctic@
  • Gústache a seguridade.

* Se a ves xirar cara á dereita no sentido das agullas do reloxo: O hemisferio dereito é o centro das facultades visuais-espaciais non verbais, especializado en sensacións, sentimentos, prosodia e habilidades espaciais; habilidades visuais e sonoras non da linguaxe como as artísticas e musicais.

  • Usas os sentimentos
  • Estás orientad@ á “visión xeral”
  • Baséaste na imaxinación
  • Son importantes os símbolos e as imaxes
  • Presente e futuro
  • Filosofía e relixión
  • Es unha persoa crédula, utilizas a percepción espacial e baséaste na fantasía
  • Es impetuos@
  • Gústanche os riscos.

Se puidesemos aprender a equilibrar a forza de ambos hemisferios, situaríamonos máis cerca da nosa capacidade potencial máxima.

13 comentarios:

Rodrigo dixo...

Como xogo está ben. Pero no meu caso non deu nin unha. Dividir á humanidade en dúas categorías definidas por xeneralidades, aínda é peor co horóscopo, polo menos hai doce signos.

Anónimo dixo...

O meu nunca foron as mates a pesar do que digan de que se vexo xirar a mulleriña cara a esquerda o hemisferio predominante no meu cerebro é o esquerdo...

Ainda que me gusta a seguridade, a quen non?

un bico ghrande!*

Oki dixo...

Buffff que pasada!!!!!!!!!!!! levo un rato largo intentando vela xirar en sentido contrario e non podo... Maña volvo a mirar

Anónimo dixo...

a ver, pero hai alguén que vexa a esta xirar no sentido das agullas do reloxo????? Se o ai que o diga porque por máis que lle dou voltas non o vexo. Non me queixo, porque disqe son lóxico e que me baseo nos feitos. O mellor do blog ata agora.

Ronsel dixo...

Como podes dicir que é o mellor do blog???? Voute matar antes de que chegues a alcalde, polo ben dos teus concidadáns!!! Un bico

Oki dixo...

Por fin vi como xiraba para un lado e para outro.... Jupiiiiii!!! Bop: Estaba obsesionada

Anónimo dixo...

Polo menos o futuro alcalde escribiu "a ver" e non "haber", jeje, faltaría máis, sendo irmán de quen é.

Anónimo dixo...

ai la leche!!!!! ( Ai o leite) Si home si. Éche ben doado o conto. So hai que medio pechar os ollos e alonxar un pouco a cabeza e xa o vis xirar para o outro lado. Isto que quere dicir, que de preto uso a lóxica e de lonxe a imaxinación.......

Anónimo dixo...

que cousas lle pasan futuro alcalde!! jejejeje

Anónimo dixo...

Pois si que funciona!! Probade! Só que a min vaime ó reves. xD xD

Ronsel dixo...

Nunca pensei que este "post" ía dar para tanto!!!

Anónimo dixo...

Ronsel, eu xa cho dixen dende o primeiro momento. O mellorciño do blog!!! Sen dúbida ha ser iso.

Anónimo dixo...

Lamentable de veras... se non se me dá o que se me dá ben, como se me dará o que non se me dá...
Demo de bailarina...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.