Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/11/07

Arte de ler (VI)

Edward Hopper (1882-1967) desenvolveu un persoal estilo pictórico. O seu carácter taciturno e as súas formas austeras tiveron un forte reflexo na súa obra, que se caracteriza no seu conxunto pola simplificada representación da realidade e pola perfecta captación da soidade do home contemporáneo. A través da súa pintura acercámonos á América da Gran Depresión, que para el simbolizaba a crise da vida moderna. O tratamento cinematográfico das escenas e o emprego da luz son os principais elementos diferenciadores da súa pintura. Acentúa o efecto dramático a través dos fortes contrastes de luces e sombras en contextos como bares, hoteis, estacións... practicamente baleiros para subliñar a soidade do personaxe representado. Os seus e as súas lector@s fálannos dos remorsos da lectura, nesa soidade que tamén cómpre para abstraerse nas páxinas dos libros:

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.