
Los Piratas desenvolveron toda a súa carreira durante a década dos 90, tomando como base o seu Vigo natal e percorrendo toda a península, ano tras ano nas súas numerosas xiras, creando así lexións de seguidores. Cun estilo moi persoal, renunciando a todas as formas que podían clasificalos dentro dalgún movemento ou cultura musical, prescindiron de imitar nas súas composicións outros tipos de sons. Tampouco precisaron mudar o nome do grupo, nin expulsar a ningún membro, nin casar coas multinacionais, nin renunciar ás súas raíces. Renovarse ou morrer podería ser o seu lema.
Los Piratas coidan as súas letras, tratando temas da cultura xuvenil. Os seus discos representan perfectamente a cultura dunha década, o marco social dos xoves de finais de milenio que ven o século XXI con esperanza. A abordaxe realista duns Piratas sen parche no ollo, sen pata de pao, pero que presentan novas armas como as súas letras e os seus instrumentos.
A banda desfíxose no 2004 tras 12 anos de carreira pero aínda temos a posibilidade de disfrutar en certa medida da particular voz de Iván Ferreiro que está embarcado agora mesmo na súa carreira en solitario con traballos moi intimistas e persoais nos que as letras teñen un peso prioritario.
Discografía básica
- 1993: Quiero hacerte gritar
- 1995: Poligamia
- 1997: Manual para los fieles
- 2001: Ultrasónica
- 2003: Relax
5 comentarios:
Por certo...alguén quere facer algunha suxestión dalgún artista que incluir nesta sección?
Estamos abertos ás vosas peticións!!
Mil e unha apertas para os ronseiros!!
Eu siiiii... pero como pasas de min!!!
¿Porque non poñedes algo de harcore?
Lucía pide Maná! :)
xa vos ensinarei quen é esta miña Lucía! :) jejejj
unbico!
Peticións anotadas....
Publicar un comentario