Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/11/07

Eu tamén estiven alí

Realmente, debería dicir, nós estivemos alí, porque sei -e Loly tamén o sabe- que Anxo acompañounos nese día tan especialmente emotivo.
Este "post" resulta tremendamente difícil. Como podo falar da impresionante Biblioteca do Segrel sen falar de bibliotecas? Sinceramente, onte sentei a escribir aquí e non fun capaz de facelo. A tristura chegou a escorregar perigosamente. Pero sei tamén que é algo que lle debo a algúns seres máxicos que se empeñaron en aparcar nos meus sentimentos, querendo facerme partícipe dos seus triunfos. Sentada alí sentía impotente mil e un remorsos de follas e de imaxes. Pero sobre todo dominou a gratitude que debo á xenerosidade e ás verbas desa muller vigorosa que cre no que fai e no que di e que o defende ata o final, unha persoa que me acompaña coa súa voz preocupada polo trafego do cotián.
Na educación precisamos persoas comprometidas que todo o dan polos demais. Onte tiven a sorte de compartir con varias delas o día, e mesmo as bágoas. Grazas e noraboa, que o traballo ben feito sexa sempre motivo de ledicia e non de envexa. Que non deixedes de medrar non depende soamente de vós, sabémolo, pero sempre estaremos ás ordes dunha capitá exemplar. Grazas por loitar pola existencia de lugares máxicos nos que o alumnado é o protagonista. Grazas por crer nun futuro un pouquiño mellor.
E como non teño fotos, acudide aos dous homes ilustres, con mesmo nome, que xa sabedes quen son...

1 comentario:

O Segrel do Penedo dixo...

Claro que deberias dicir "nos", pois para min sempre seredes Gracia e, dende hai un tempo xa, o noso Anxo.
Gracias aos dous por estar tan preto a pesares da distancia.
Que lonxe vives condenada!!
Moreas de bicos!!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.