Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/12/07

La nieta del señor Linh

Cando rematei esta novela pensei en que palabra a definiría. E a primeira que me veu á mente foi a palabra fráxil. Porque fráxiles son os sentimentos humanos, porque fráxiles somos nós, porque fráxil é a nosa poesía cotiá.
Coa súa lectura, poderedes achegarvos á linguaxe profunda dos xestos, das expresións, dos sentimentos. Unha lectura dun libro lírico cun final atroz, unha conmovedora novela doce e ferinte na que o escritor reflexiona sobre o exilio e a amizade. E faino cun uso do idioma contundente, onde nos ofrece un inesperado percorrido pola alma humana e os claroescuros da conducta, postulando un existencialismo novo e poético.
Consegue o autor, Philippe Claudel, construír unha novela que parece un poemario, a pesares da súa aspereza. A aportación deste libro reside na narración dunha amizade, unha especie de sorte -quizais de sortiloxio- de entendemento, sen necesidade de palabras.

Lo poco que necesitamos para sentirnos felices: un buenos días, el sonido de una lengua incomprensible y una mano apoyada sobre un hombro.

E todo isto, sen necesidade de buscar moito tempo: un par de horas bastarán para disfrutar do silencio dos xestos e as miradas.

1 comentario:

andrea dixo...

quero lelo!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.