Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/01/08

Continente de lixo

Un novo continente se está a formar entre as costas de Hawai e Norteamérica, un continente de millóns de toneladas de plásticos. Lévase décadas captando este lixo das costas, ademais dos producidos pola navegación, facéndoos xirar e empurrándoos lentamente cara ao seu centro, unha rexión que ten case sete veces a extensión de España onde se acumulan seis toneladas de plástico por cada unha de plancton, alcanzando ata os trinta metros de profundidade.
Este continente non é un problema novo, aínda que resulta bastante descoñecido por ser unha zona pouco transitada pola navegación. A magnitude disto foi dado a coñecer por unha organización ecoloxista de Estados Unidos, a AMRF, tras unha investigación de dez anos.
Segundo datos refrendados por Greenpeace, a rexión acumula preto de 3,3 millóns de pezas de refugos, cun peso total de 3,5 millóns de toneladas. Os ecoloxistas estiman que desde 1997 até hoxe a placa de lixo triplicou o seu tamaño e proxecta a súa posible superficie en dez veces máis para 2030.
O dano á vida mariña será axiña irreparable xa que os plásticos non son biodegradables, acumúlanse nos estómagos de peixes e aves que rematan morrendo por desnutrición. Ademais, os gránulos deste material actúan como esponxas que absorben numerosas toxinas en taxas un millón de veces superiores á normal, que pode propagarse ata o ser humano. Greenpeace contabiliza até 267 especies mariñas altamente afectadas por esta contaminación.
O problema tería solución se non fose porque a nosa produción de plásticos aumenta a un ritmo exponecial. A súa eliminación podería facerse se a flota pesqueira utiliza as redes de arrastre para facelo, o que suporía tamén miles de millóns de euros.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.