Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/01/08

La elegancia del erizo

Veño agora mesmo de rematar esta novela, La elegancia del erizo, de Muriel Barberry. Unha novela que me fixo rir a gargalladas e que me fixo chorar (!!!). Un dos best sellers en Francia escrito por unha profesora de filosofía, o que aporta moitas veces un trasfondo filosófico aos pensamentos das protagonistas: unha heteredoxa iniciación a problemas filosóficos de actualidade (a psiquiatría, a salvación individual a través da arte e da beleza...), onde podemos atopar implicitamente a Platón, Schopenhauer, Nietzsche, Kant, Ockham, Husserl... E algo que destaca: a filosofía non pode reducirse a unha análise de textos, senón que debe ser pensamento sobre e para a vida.
A novela está estruturada arredor dos diarios da porteira dun edificio de luxo e de Paloma, unha nena superdotada que vive alí. A chegada dunha terceira persoa fará que a vida de ambas se unan.
Ademais, un elemento esencial no rol da novela: a cultura xaponesa, que se converte para as personaxes principais en táboa de salvación fronte á vulgaridade, o baleiro e a hipocrisía de Occidente.
Por que o título? Por unha calificación que fai un dos personaxes sobre unha das protagonistas: "La señora Michel tiene la elegancia del erizo: por fuera está cubierta de púas, una verdadera fortaleza, pero intuyo que, por dentro, tiene el mismo refinamiento sencillo de los erizos, que son animalillos falsamente indolentes, tremendamente solitarios y terriblemente elegantes!"
Seguro que vos gustará, sen pensar que ides atopar a obra cume da vosa vida, claro. Cando menos, non o é para min. E isto co risco que supón enfrontar aos miles de admiradores que me afirmarán o contrario.


4 comentarios:

Ernesto dixo...

Empeceino onte, xa che direi que me pareceu......dentro dun par de meses......co ritmo que levo! Pero lembro que me dixeras que non che gustara.
Por suposto estou lendo A elegancia do ourizo o de Galaxia.

Ronsel dixo...

Por suposto, querido Ernesto, lino en castelán porque non existía en galego daquela.
Díxenche que non me encantara, para ser exactos. Pero gustar, gusta. Tal como digo, non é o mellor libro do mundo. Pero déixase ler, que é importante

Ernesto dixo...

Deixeino!!.....pero non o podo dicir.

Aburríame.

Ronsel dixo...

Ostras! Con iso non contaba!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.