Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/01/08

Arte en area

Recoñezo que a coñecín tras ver o anuncio dunha coñecida marca de galletas. Desde entón foron chegando ao meu correo electrónico varias mostras do fabuloso traballo desta israelita que é quen de crear animacións sobre area. Coas súas mans, música e luz sobre unna mesa de vidro, constrúe as súas obras, cheas de imaxinación e serenidade. Tratase, pois, dunha arte efímera. Dunha escea sae a seguinte, acompañada sempre dunha música de fondo e o resultado é absolutamente espectacular. Como comenta a artista é unha arte moi directa, nada se interpón entre o artista e a súa creación, a medio camiño entre a pintura e a performance.
A artista, Ilana Yahav; a súa web, www.sandfantasy.com


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.