Despois das últimas alegrías en forma de premios e éxitos escénicos, cómpre volver pronto á normalidade. E que mellor maneira que retorcendo os miolos, non credes?
Reto 1.- Amadeo viviu unha cuarta parte da súa vida en Madrid, unha quinta parte en Granada, un tercio en Sevilla e, finalmente, 13 anos en Zaragoza. A que idade morreu Amadeo?
Reto 2.- Lourdes Cortés, unha famosa millonaria, quería ter unha mansión onde todas as ventás estiveran encaradas cara o sur. Encargou este proxecto ao prestixioso arquitecto Armando Casitas que, despois de moito pensar, deu coa solución. Cal foi?
Reto 3.- Un señor vive no décimo andar dun edificio de 12 prantas. Todos os días cando sae á rúa colle o ascensor e baixa ata o portal. Porén, cando regresa á casa colle o ascensor e sobe ata o oitavo andar e usa as escaleiras para subir os dous andares restantes. Se o ascensor funciona perfectamente, por que fai esta manobra?
Axuda: cando sobe con alguén en ocasións si que chega ata o décimo andar.
Solucións ao reto anterior:
Reto 1: DAVID
Reto 2: Non hai medios buratos!!
Reto 3: Unha frase curta
Reto 4: Un
17 comentarios:
Me habéis tenido entretenido un rato, pero lo conseguí. No diré nada para que el resto tiren de lápiz y papel (o de neuronas).
Gracias.
P.D. Acabaré aprendiendo galego
Supoño que a casa só terá ventanas no lado que da o sur e o resto estará empotrada na terra ou calquera cousa así.Vaya cousas preguntas!
se eu fose o señor casitas farialle xanelas no lado q da ao sur da mansion (como xa dixeron) e o do ascensor...vouno deixar sen resolver (q o sei) pa non pillar moita vantaxe, jiji
e desde cando unha mansión ten ventás só por un lado???
Véxovos despistados..... e paradiños jejeje
por onde andará o noso amigo bolbor???
Fun invocado... así que me vou manifestar neste máxico recuncho.
A ver, vou facer o primeiro que é o máis difícil ;o)
Como o 25% da súa vida a pasou en Madrid, un 20% en Granada, un 33% en Sevilla, o 22% restante será 13, así que ten 60 anos.
Saúdos para todos, incluído o oshidori de pelo crecho.
... e sobre a solución do problema da mansión, quero dicirlle a oshidori e ayayay que van desencamiñados, frío, frío, frío... (jijiji!!)
recoñezo q o da mansion tráeme polo camiño da amargura. Con dicir q me ten aquí pensando sendo as tres da mañá...eu dun arquitecto apelidado Casitas esperaría calquer cousa. E ahh! o señor do ascensor leva paraugas :) toma 1 tanto! toma! levas a conta anxo?? e bolbor, saudiños pra vostede tamén, ainda q vaia de listo...jijiji
Non vou de listo, vou de bo... por iso vos dei unha pista ENORME para resolver o enigma da mansión...
Por certo, dos tantos todos levamos conta... porque sempre hai un amable trasno que nos axuda a levala... jijiji (toma vinganza)
Como ben di bolbor, o da mansión véxoo frío, frío, frío... jajajaja moi boa compañeiro!!
E o do paraugas?? É primordial?? Despistáchesme oshidori... ou eres ti o despistado? A saber!!
ome, quen di paraugas di bastón, coma se leva un pao dun sacho. O q pasa e q eu adaptaba a explicación ao clima galaico, jeje. Primeiro soluciono e logo explico o do paraugas. O señor e moi baixo, por iso só alcanza a darlle ao botón correspondente ao oitavo piso, e por iso tamen sube os dous pisos restantes polas escaleiras. O que ti non explicaches (e isto é un as q gardaba na manga) é que cando chove non lle fai falta subir escaleira ningunha. ^^ Chupate esa Teira!! jijiji Saudiños.
enton co do sur refireste (ou referidesvos, mellor dito) ao hemisferio sur?? Ten q ver co clima??
Magnífico este trasno, é algo irreverente... pero ten o seu encanto.
E digo eu, o do paraugas é unha idea interesante... pero igual o home pequeno é tamén cego e non lle resulta fácil darlle a un botón con un paraugas/bastón... (e non digamos o que podería pasar se vai con el no ascensor alguén moi alto e silencioso...)
Por certo Oshidori, cando saibas a solución que propuxo o gran arquitecto Casitas...
Saúdos para todos.
Veña que só queda que descubrades a miña xenial idea!!
Pois a min non se me ocurre nada.
Q desgraza
A culpa é de Bolbor que anda mareando (jijiji)!!
Non, se a culpa que un servidor non teñaaaa... pois ao final terei que dicilo e todo (algúns máis poderían facelo, pero antes de que me boten a culpa do terremoto de China...)
Queridísim@ Oshidori, cal é o xeito de que todas as fachadas miren ao Sur?. Resulta imposible en tódolos lugares da Terra... menos en un... xa, agora xa caeches!!. Pois si, efectivamente é xusto no Polo Norte xeográfico.
Saúdos para todos... xa estou impaciente por ver con que outros enigmas nos agasalla Anxinho...
Proba superada!!!!!!!
Demasiado tonto! Eso xa o descartara xk era demasiado tonto!
Ai...de verdade ehh...(disimmula mula) xD
Publicar un comentario