Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/06/08

Comodidade ante todo

Comodidade, si, porque andan a inventar uns sillóns que seguen ao usuario da biblioteca até que este escolle un libro e decide sentar. Sentar nun sofá que vai detrás túa coma se dun cadeliño se tratase. Vaia, que non hai escusas que vallan para non ler! Estamos a falar do proxecto Take_a_seat, presentado na Academia de Deseño de Eindhoven. Ver o vídeo é desde logo do máis curioso, non sei se en lugar de sofás falamos de cans, ovellas ou auditorio. Curioso.



Vía Capítulo 0

1 comentario:

Anónimo dixo...

Acabo de ter unha idea... interesante. É unha mágoa que estes inventos queden sen aplicación médica. Imaxinades unha epidemia de disentería... jijijijiji!!

Un escatolóxico saúdo.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.