Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

29/11/08

Con Bali Rai

O xoves foi, desde logo, un día completo de actividades. Se, tal como vos amosamos hai un momento, os máis pequenos foron ver ao mago Cali, os máis grandes (4º da ESO e 1º de Bacharelato) puideron coñecer ao escritor inglés de orixe indú BALI RAI, grazas á editorial Sotelo Blanco. Temos moito que lle agradecer a Narciso, representante desta editorial, por sermos nós os escollidos: só seis centros de Galicia tiveron esta sorte. Que a Galicia interior central é este ano a máis esquecida non hai máis que velo comprobando os programas das editorias xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística: nin un só espectáculo nin para infantil nin para xuvenil vén pola comarca do Deza.
Bali Rai, autor de Un casoiro ben mal amañado (tedes cumprida conta das opinións do alumnado de 1º de Bacharelato nas Estelas dos Ronseis) achegouse ao centro cun intérprete pois el non sabe castelán nin galego. Pero foi ameno e contou ao alumnado como é vivir nun lugar multicultural e como é vivir en situacións de pobreza que levan ao vandalismo; contou tamén por que se fixo escritor e como nos seus libros reflicte a súa sociedade, o xeito de falaren e as palabras que utilizan. Algúns alumnos e alumnas atrevéronse a preguntar en inglés directamente e outros fixérono en galego, e tod@s eles saíron moi contentos desta experiencia nova. Ademais, o libro gustoulles, que é importante!

13 comentarios:

Anónimo dixo...

Estubo moi ben,non lein o libro pero polo que dixo o libro debe de estar bastante ben

Anónimo dixo...

Estivo moi ben, non lin o libro pero debe estar moi ben.

Anónimo dixo...

Non estivo nada mal. Fixo algunhas gracias,e falou de onde sacou as características dos seus personaxes.Aínda que non lin o libro, creo que é bastanto bo, haBerá que lelo.

Anónimo dixo...

estivo moi ben pareceme un bo tipo.

Anónimo dixo...

Pois non me gustou porque no me enteraba de moito, xa que non lera o libro.

Anónimo dixo...

Gustoume xa que é un escritor que non se corta nada para falar de temas reais

Anónimo dixo...

O escritor inglés do outro día non se entendía moito porque falaba inglés e non me enteraba moito do que dicía.

Anónimo dixo...

Bali Rai amosouse moi amable a simpático en todo momento sempre intentando mostrar un sorriso.
Aínda que falaba moi rápido había algunhas cousas que se lle entendían e senon, tiñamos quen nos traduxera.
Gustoume moito.
Susana Cumbraos

Anónimo dixo...

Gustoume moito e pareceume moi interesante o feito de que falara en inglés. É unha experienmcia única e moi gratificante saber que entende o que di.


O libro merece a pena lelo, pois é unha historia que realista.


Thalía**

Anónimo dixo...

Gustoume moito como se expresou porque contounos a historia do libro e aclarounos como realmente é a vida dos inmigrantes en calquera país e como é a tradición destes. PAréceme moi mal o machismo imperante nestas.

Anónimo dixo...

Gustoume moito, parecema unha persoa moi interesante e moi agradable aínda que non falara moito. divertinme moito.

Anónimo dixo...

O libro decepcionoume bastante,pareceme demasiado xuvenil. E a típica historia de adolescentes. Pero a visita de Bali Rai gustoume, non estivo mal coñecer un escritor que non fose español. E cpñecer os motivos polos que esta escrito o libro.


Cristina Ares.

Anónimo dixo...

A min encantoume, tanto o libro como as anécdotas que nos contou,... todo en xeral. O escritor era moi simpático, e encantoume que nos explicara en inglés, porque descubrín que entendo moito mellor o ingles do que eu pensaba... e iso que falaba demasiado rapido...
En fin que estivo moi ben.


Carla

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.