Este xoves, e grazas á editorial Xerais, acudimos a ver un espectáculo de MAXIA a cargo do mago Cali; o alumnado de 1º de eSO, e do 2º e 3º de Diversificación leran previamente o libro Amancio Amigo e o Meigo de Salamanca de Xosé Miranda. Se unha función comeza asegurando ao alumnado que "toda a maxia tópase nos libros", ben estamos. E así foi: o mago abraiou e divertiu por igual, ademais de ensinar; a súa preocupación pola lingua e pola lectura, así como pola educación, subxaceu en todo o seu traballo. O noso alumnado marchou encantado e comentando, por riba de todo, "o truco da bola", xa que era o máis novidoso para eles.
Desde aquí o noso agradecemento á editorial Xerais e a Alejandro por ofrecérnolo.
Desde aquí o noso agradecemento á editorial Xerais e a Alejandro por ofrecérnolo.
5 comentarios:
Si que estubo moi ben.o principio parecía que era un pouco infantil pero despois os trucos que fixo son alucinantes.e o da bola...eso non sei de onde o sacou.
Pois a verdade é que me gustou bastante aínda que algúns dos seus trucos estiveran bastante vistos.
Non me gustou moito xa que só tivo tres ou catro trucos interesantes.
Facíao moi ben ,pero todo tiña algún truco.
O mago do pasado xoves estivo bastante ben. Fixo moitos trucos incribles de maxia. O que máis me gustou foi o último.
Publicar un comentario