O xoves pasado contamos no noso centro cun contacontos excepcional, Guti, quen veu contar para o alumnado de 1º de Bacharelato. Hoxe é Suso, o vicedirector, que nos conta a experiencia.
Cando che falan dalgún evento ao que vas acudir en termos un tanto excesivos corres o risco de sufrir unha enorme decepción. A visita de Guti ao Colmeiro viña precedida da sona d’ “o mellor contacontos de España”, que é o que afirma Celsiño coa súa xenerosidade sempre atenta. O alumnado tamén agardaba a súa chegada co escepticismo propio da súa idade e condición. Porén, non vos facedes unha idea do que regala este home, do que transmite, do que contaxia, do que nos aprende.
A experiencia foi unha viaxe no espazo e no tempo, unha viaxe a esa veciña tan descoñecida que é a provincia de Zamora, coas súas xentes, coa súa fala tan irmá da nosa, coas súas paisaxes, ás veces duras ás veces tenras, a ese tempo pasado que nunca debeu pasar, porque os contos reunían aos veciños nos “seranos” para asegurar unha tradición oral que atesoura romances e historias con máis de mil anos de estirpe.
Guti foi agradecendo a cada unha das súas informantes, con nome e apelidos, a inmensa riqueza que lle regalaron a el, e que el nos deixou a nós. Fixo que noventa minutos souberan a demasiado pouco, que as súas habilidades orais, musicais e como bailarín deixaran a máis de un coa boca entreaberta e o sorriso debuxado nos beizos.
Cando lle preguntamos cal era a forma de chegar ao gran público, el díxonos que o gran público eramos nós, e que pasar tardes nun ambiente tan agradable só podía agradecérllelo a amigos como Celso e Mario. Así que nós, desde logo, agradecémosllo con toda a sinceridade, e recomendámosvos a todos os que queirades vivir unha experiencia de verdade que busquedes a maneira de escoitalo, porque cada “serano” será diferente e difícil de esquecer.
Grazas, Suso
21 comentarios:
Foi moi entretido e divertido, e chamoume especialmente a atención a facilidade coa que cambiaba os acentos e a forma de falar das distintas zonas nas que se situaban os relatos, que eu entendo debe ser moi difícil.
Gustoume moito. E tamén me chamou a atención, ao igual que a Marcos, a facilidade que tiña para cambiar os acentos e a súa expresividade.
¡Gustoume moito! Foi moi divertido e encantábame o acento que poñía para cada conto, que o facía tan especial... Nós tivemos a sorte de telo ao noso lado contándonos os contos, e non démonos de conta da sorte que tivemos (:
Celsiño tiña algo de razón,bastante,cando nos dicía o ano pasado que Guti era o mellor contacontos de España.Quizais o que máis me gustou del e a capacidade de recordar quen,cando e onde lle contaron o conto,e a maneira de darnos a información para nos poder entender mellor o conto,pero son dúbida quédome cos romances,preciosos.
Pareceume moi bo pero ó principio é como se cambiara de personalidade porque se lle notaba para min algo nervioso, e encanto empezou a contar as historias a súa expresión da cara cambiou e empezouse a soltar.
Sinto moito ter que dicir isto, posto que son unha das poucas persoas que o pensa pero é a miña opinión e non aguanto sen decila.
Non me gustou, xo dixen!
Prefiro mil veces antes o xeito que tiña Celsinho de chegar a nos mediante os seus contos.
Non vou dicir que sexa mal contacontos e moito menos que a o seu xeito de narra os sucesos e de porse na pel dos seus personaxes sexa malo; se non que non me transmitía esa chispa de confianza coa que Celsinho daba chegado a nos. Notoo moito en falta despois das sesíóns que tiñamos con el en 4ªA.
Gustounos moito sobre todo a historia das troitas.Pois tiña razon Celsiño cando era un dos mellores de España.
Alégrame ler as vosas opinións. Se cadra xa sabedes que non puido "contar" en Lalín. Grazas a iso, tiven o privilexio de botar con Guti e con Celsiño aquela tarde e case todo o venres. A comparación que facedes algúns entre Celso e Guti ten fácil solución: O "mellor contador da Península" é esa parella de dous. Tiñádelos que ver "manimano"!
Gustoume moito pero so ten un defecto, non fala gala galego e fáltalle esa retranca que temos os galegos. Os romances, o mellor de todo xa que foron entretidos participamos neles activamente. Un saúdo.
gustoume moito e parecéronme moi entretidas as súas historias xa que amosan unha realidade antiga e hai que valorar o traballo deste contador que percorre as casas dos nosos maiores recompilando historias que desaparecerían.
Pese a parecer que a todos lle gustou moito o contacontos e as súas historias eu estou de acordo con Susana, e debo dicir que a súa proximidade non era tanta como nos pasou con Celsiño. Encantábanme os contos e a súa maneira de contalos. Non podo dicir que dende o meu punto de vista Guti non fose bo contador, pero quizáis teña Xosé Antón razón e o que non me gustou foi a falta de retranca galega que tanto nos gustaba con Celsiño. Pese a todo isto, o que máis me gustou foi a incorporación de baile e canto nos seus contos.
Non me gustou xa que a súa forma de espresarse pareceume un tanto sosa. Para ser un dos mellores contacontos de España deixou moito que desexar
Como quixera eu ver a Guto e a Celso contándonos un conto xuntos...ou discutindo!
Como molaria...jijijiji
Rin coma unha nena pequena, sen dúbida, gustoume tantísimo coma Celso e coma Paula Carballeiras contando aquel conto de Barba azul!
Coma unha nena pequena..
Moitisimas grazas por traelos
Si gustoume moito, sobre todo a primeira historia das ovellas.
Tiña o defecto que non falaba o galego pese a que o intentou, que se agradece.
Bicos
A min gustoume moito e pareceume moi entretido,xa que aprendemos uns contos fermosos mentres votamos unhas risas.
O contacontos estivo moi ben.Paseino ben con el e rinme moito.Foi unha tarde distinta.
A min,o contacontos gustoume e as súas historias parecéronme moi interesantes.Rímonos moito con el,aínda que ao principio parecía non ser moi bo.Debería haber máis actividades coma esta!!!
Unha tarde diferente e moi entretida. Persoalmente gustoume moito a maneira de contar os contos. Tamén me chamou a atención como se lembraba dos acentos de cada zona, xa que considero que iso debe ser unha tarefa difícil.
a verdade é que as historias eran moi bonitas, pero o mellor foi a forma de contalas. Encantoume.
Foi moi divertido, a verdade é que Celsiño tiña razón, é moi bo! A ver cando se anima Celso e vén a facernos unha visita, os martes sen el, as clases de galego non son o mesmo. E esperemos que as activadades como a do contacontos se repitan.
Entre Celsiño e Guti case que prefiero a Celsiño... quizais porque estivemos máis con el que uns 90 minutos...
Pero a verdade encantoume e encantariame escoitar moitos máis contos, contados por el.
Esa tarde non parei de rir...
Publicar un comentario