Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/03/09

Pola Igualdade da Muller, un ano máis (I)

Tal como fixemos o ano pasado por estas datas, unha serie de post vanvos lembrar que este 8 de Marzo é o Día Internacional da Muller Traballadora, un día que pretende reivindicar que os seres humanos somos tamén iguais a pesares dos diferentes xéneros. E ímosvos achegar diferentes materiais que atopamos pola rede ou que nos ofrecen desde o PLAMBE. A tod@s aquel@s que loitan por un mundo máis xusto e igualitario, grazas. A todos os homes que cren firmemente que as inxustizas de desigualdade seguen a existir, grazas. A todas aquelas que loitan por saír da escravitude do xénero aínda con risco de perder a súa vida, grazas. A tod@s @s que día a día demostran que un gran de area axuda a formar a praia da igualdade, grazas.
Se por curiosidade ides a You Tube e poñedes "Igualdad de género" veredes que hai moitos vídeos que responden a esta chamada. Como sabedes, encántanos a animación, polo que escollemos estes dous:


Un soño imposible:




1 comentario:

Anónimo dixo...

pareceme un video moi interesante, xa que se debía inculcar así aos pequenos. por boa sorte avanzou bastante a cousa dende tempos atrás pero aínda queda moito por mellorar. por iso creo qe se debía ir aprendendo ás novas xeracións que non hai diferenzas entre sexos, que todos somos iguais .

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.