Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/04/09

Campaña da Coordinadora Galega de ENDL

Na xuntanza mantida por un cento de coordinadores de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) dos centros de ensino públicos e privados no Instituto Galego de Información (Santiago de Compostela) o pasado sábado 28 de marzo, acordouse a constitución dunha Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística para establecer dinámicas de colaboración entre os diferentes equipos, unha cooperación que permita compartir experiencias normalizadoras que redunden positivamente no traballo da dinamización lingüística nos centros de ensino galegos.

A primeira acción da Coordinadora Galega de ENDL é dar a coñecer o posicionamento público dos equipos sobre a derrogación do Decreto 124/2007, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, anunciada polo novo goberno da Xunta de Galicia.

Por iso, convídase a todos os Equipos de Normalización a adherirse a este texto que se pode consultar na páxina web da campaña.

Hai dúas maneiras de achegar o apoio dos equipos:

1.- Enviando un fax ao número 981800064, no que, tal e como se recolle no documento adxunto, se identifique o centro educativo e o concello no que está situado, así como o nome e apelidos do coordinador ou coordinadora xunto co seu nº de DNI e o seu correo de contacto (o oficial da Xunta: edu.xunta.es) para facilitar a comunicación directa cos equipos no futuro.

2.- A través da propia páxina web http://www.coordinadoraendl.org/.

Dende a Coordinadora convídase a todos os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística a sumarse a esta iniciativa, ao tempo que se prega a súa máxima difusión entre os/as compañeiros/as dos ENDL, comunidade docente, blogues e webs, etc. co fin de obter o maior número de adhesións.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Hai que apoiarbos como sexa. Eu estou decidido a acudir a tódalas manifas que teñan que ver con ataque á nosa lingua.
Veña ánimo, o voso traballo non será de balde

Anónimo dixo...

moito ánimo con este traballo!! Creo que ademais de traballo en liñas xerais a nivel galego fai falla cambiar rutinas e habitos nos centros escolares día a día. Evitar a perda de falantes que pouco a pouco séguese a producir nos colexios. Poñamos o exemplo de silleda, a medida que nos acercamos a idedaes e cursos inferiores o numero de castelan-falantes é maior......

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.