O IBBY promove desde 1965 a celebración do Día Internacional do Libro Infantil en tal día coma hoxe para homenaxear e conmemorar o día do nacemento de Hans Christian Andersen.
O texto e a ilustración son do ilustrador exipcio Hani D. El-Masri e a tradución para o galego de Manuel Figueiras (Vía Brétemas):
Eu son o mundo, e o mundo son eu
porque a través dos meus libros
podo ser o que queira.
Palabras e debuxos, prosa e verso
trasládanme a lugares que están
lonxe e preto ao mesmo tempo.
Na terra dos sultán e do ouro,
mil historias que falan
de alfombras voadoras, xenios de lámpadas marabillosas,
sacaúntos e simbades, contan os seus segredos a Sherezade.
Con cada palabra de cada páxina
viaxo no espazo e no tempo.
E coas ás da fantasía
o meu espírito cruza o mar e a terra.
Canto máis leo, máis comprendo
que co meu libro estarei sempre
na mellor das compañías.
E se queres adiantarte, aquí tes o do ano que vén e a información en Biblioríos:
Sen comentarios
Publicar un comentario