Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/04/09

Olha que blog Maneiro

Fai uns días recibimos un regalo fermoso de parte de tres blogues amigos: A Escola de Ismail, Biblioblogreboreda e Bibliotecadocole De que estamos a falar? Pois concedéronnos o premio Olha que blog Maneiro, que significa algo así como Mira que blog tan creativo, tan bonito.

Desde os ronseis queremos manifestar o noso orgullo por esta concesión e quixeramos mandar unha forte aperta aos amig@s que se lembraron de nós.

Este premio ten as súas normas, que son:

  • Exhibir a imaxe do premio Olha que blog Maneiro.
  • Poñer o nome do blog que cho entregou.
  • Indicar os teus 10 blogs.
  • Avisar aos indicados.
  • Publicar as normas.
  • Comprobar que os blogs indicados sigan esas normas.

Como a miña benquerida compañeira anda de viaxe disfrutando duns días de descanso, agardaremos uns días antes de facer público o nome dos blogues aos que lles pasamos o premio. Será unha decisión complicada...

2 comentarios:

Montse dixo...

!Adiantáronlleme!
E quedeime sen poder nomearvos.

olga dixo...

No noso blog, tendes un agasallo DIFERENTE. Pasáde a recollelo :-)

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.