Agustín Fernández Paz, na inaguración da Plataforma Prolingua, falou de Rosa Park, unha muller que se cansou de ceder continuamente ante as inxustizas racistas. Esta é a súa historia.
En 1955, Rosa Parks tiña 42 anos. Afroamericana, natural de Montgomery, Alabama, filla dun carpinteiro e unha mestra de escola. De profesión, costureira. Pero ademais, secretaria e axudante na Asociación Nacional para o Avance do Pobo de Cor.
Os negros sufrían en EEUU a humillación -especialmente no sur- de non poder compartir cos brancos os mesmos lugares públicos: escolas, restaurantes, salas de espera... a segregación chegaba ata o

Pero xente como Rosa Parks tiña claro que as cousas podían cambiar. O 1 de decembro de 1955, colleu un autobús público para volver á súa casa. Por entón, os vehículos estaban sinalizados cunha liña: os brancos adiante e os negros detrás. A xente de cor subía ao autobús, pagaba ao chofer, baixábase e subía de novo pola porta traseira.
Parks sentou nos asentos do medio, que podían usar os negros se ningún branco o requiría. Cando se encheu esa parte, o chofer ordenoulle, xunto a outros tres negros, que cedesen os seus lugares a un mozo branco que acababan de subir. "Este nin sequera pedira o asento", dixo despois Parks nunha entrevista á BBC. Os outros levantáronse, pero ela permaneceu inmóbil.
O chofer tratou de disuadila. Debía ceder o seu asento, é o que marcaba a lei. "Vou facer que che arresten", díxolle o chofer. "Pode facelo", respondeu ela. Cando a policía lle preguntou que por que non se levantaba, contestou con outra pregunta: "Por que todos vostedes están empuxándonos por todos os lados?".
"Mentres máis obedeciamos, peor nos trataban", asegura Parks nas súas memorias. "Aquel día estaba fatigada e cansa. Farta de ceder". Polo lance do autobús, Rosa Parks pasou a noite no calabozo, acusada de perturbar a orde pública e pagou unha multa de catorce dólares. Con todo, o caso transcendeu e acabou por dar voz aos movementos polo fin da segregación que xa comezaran a facerse notar.
Indignado e farto, un mozo e descoñecido pastor bautista chamado Martin Luther King organizou unha onda de protestas contra a segregación nos autobuses públicos de Montgomery que durou 382 días. Os trinta mil afroamericanos que participaron fixeron marchas de ata nove quilómetros, e cando lles preguntaban como se sentían, algúns respondían: "Os meus pés, cansados. A miña alma, ¡liberada!".
Mentres, o caso Parks chegou á Corte Suprema do país, que declarou que a segregación era unha norma contraria á constitución estadounidense, que declara iguais a todos os individuos da nación. Un ano despois, o goberno aboliu calquera tipo de discriminación nos lugares públicos.
Parks, que faleceu en 2005 aos 92 anos, continuou loitando durante o resto da súa vida polos dereitos civís dos afroamericanos. En 1999, recibiu a Medalla de Ouro do Congreso dos EEUU.
Vía
Sen comentarios
Publicar un comentario