Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/10/09

Seguimos a ter... Momentos

Onte foi a primeira reunión do club de lectura. Si, Momentos de silencio compartido segue con vida, noutro centro e con outro alumnado, aínda que co mesmo espírito e as mesmas finalidades: Lectura e Dereitos Humanos. Teño que recoñecer que sentía un pouco de medo: non coñezo a maior parte do alumnado, nunca houbo un club de lectura e todo resultaba unha novidade que podía saír de diferente xeito. Pero a reunión foi un éxito, a lectura escollida un acerto e o tema propiciou un debate extenso e interesante. E iso que non estabamos tod@s!!! Podedes seguirnos no noso blogue.
O libro escollido foi Enderezo descoñecido, do que xa vos falei hai un tempo.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.