
Cando o rematei, salaiei: "marabilloso". La huella del ángel de Nancy Huston é un libro fermoso, narrado desde unha distancia prudente que ás veces decide preguntar ao lector se está de acordo ou non co que sucede, ás veces afástase convenientemente para deixar que a acción transcorra, e decide non cuestionar nin valorar sobre o amor, o sexo, as relacións... mentres a súa voz nos leva a paisaxes ignominiosos, desolados pola crudeza do ser humano. O bo da historia é que é tan humana e tan profunda que a pesar de calquera prexuízo un nunca chega a xulgar o que alí acontece. Non somos capaces máis que de asistir marabillados ao encontro do amor e á posterior desolación que nos revolve as entranas.
Deses libros que non queda máis remedio que dicir: "tes que lelo"... cando teñas tempo. Porque, iso si, non damos feito!
Deses libros que non queda máis remedio que dicir: "tes que lelo"... cando teñas tempo. Porque, iso si, non damos feito!
Sen comentarios
Publicar un comentario