Este anuncio é do mellor que levo visto en moito tempo. Encantoume a conxugación da lectura, a ollada atenta e anguriosa da nena, os animais que choran, o pai léndolle á súa filla, a procura de solucións para o medio ambiente...
Había unha vez unha terra onde o clima era moi estraño: había vagas de calor nalgúns lugares e noutros treboadas e inundacións. Os científicos dicían que a causa era o exceso de CO2, que subía para o ceo cando os adultos utilizaban enerxía. Isto estábase volvendo perigoso xa que os seus efectos estaban a ser máis rápidos do que nun principio se pensara. Algúns lugares podían desaparecer baixo o mar e os nenos terían que vivir esas terribles consecuencias.
Os adultos entenderon que algo tiñan que facer.
Descubriron que o 40% do CO2 procedía da vida cotiá polo que quizais aínda poderían salvar a terra
- Hai un final feliz? -pregunta a nena.

De nós depende como acabe a historia. Búscanos online en "Act on CO2".
Sen comentarios
Publicar un comentario