Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/11/09

Non á violencia contra as mulleres (CXII)

O proxecto "- é + ", cinema para ser a voz de quen cala, pretende concienciar sobre a violencia de xénero, un problema que tamén sofren os adolescentes. Participaron máis de 15000 alumn@s da ESO e Bacharelato de toda España. Rodaron varias curtas e un xurado especializado premiou os cinco mellores guións, que serán distribuídos polo Ministerio de Igualdade nos institutos para previr e informar sobre esta lacra social. Rodáronse nun campamento-taller en outubro de 2008.
(Eu creo que ao noso instituto non chegou, non sei aos vosos)




O primeiro premio leva por título "Viva o muere".
O segundo "Nunca es tarde para hacerte valer"
O terceiro "Sinrazón"
O cuarto "Sin pensarlo dos veces"
O quinto "Bajo la máscara"
Cómpre que os vexades, todos pagan a pena:

4 comentarios:

Biblioteca A3P dixo...

Paréceme unha experiencia moi interesante e os traballos gañadores son de moita calidade. Grazas Gracia por facérnolo chegar.
Carmen Suárez

Maria dixo...

Grazas, tamén(por isto e por tantas outras informacións de interese), desde a Biblioteca Ollos Grandes. Pasarémolo ao noso blogue.
Maria

Endora dixo...

Non, ao noso non chegaron aínda. Digo aínda porque quero ser optimista e pensar que todos estes materiais non se perden polo camiño e chegan a onde precisamos empezar a por remedio a esta lacra, con moitas iniciativas pero con estas tamén que lles chegan moi de preto aos rapaces.
Grazas por ternos ao tanto do que anda por aí.

Begoña dixo...

Moitas grazas polo voso constante fluxo de ideas e información. Grazas pola vosa xenerosidade.

Desde o Blogfesquío

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.