Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/12/09

A verdadeira historia de Carapuchiña

Podemos ler na contracapa:
Esta versión de Carapuchiña baséase en textos da tradición oral francesa, estudados polo gran folclorista Paul Delarue. Tamén ten en conta as discusións teóricas doutros estudosos, como antropólogos, semiólogos e psicoanalistas, principalmente Bruno Bettelheim e Erich Fromm, arredor das distintas adaptacións posteriores do conto.




A verdadeira historia de Carapuchiña de Antonio Rodríguez Almodóvar, ilustrado por Marc Taeger, pode ser a definitiva revisión deste conto clásico que tod@s coñecemos. Así, tal como afirma o autor, neste libro atopamos detalles que pasaramos por alto: a Carapuchiña era unha moza larpeira, torpe para coser e curiosa de máis. A esencia do conto segue a ser a mesma, pero mudan moitas cousas, ata un personaxe descoñecido ata agora (un gato) que axuda a salvar á protagonista.
As ilustracións rústica e vangardistas danlle unha maior expresividade ao relato.
Editado por Kalandraka no ano 2004.


Grazas, Héctor!

2 comentarios:

Occam dixo...

Encántanme este tipo de estudos, comparativo-interpretativo-multidisciplinares. Sobre todo se se basean nos relatos de tradición oral. Carapuchiña é moi coñecida e as versión orais deben de ser moi frescas.

Occam dixo...

O que non me parece tan ben é o título tan rimbombante, semella que o autor vai descubrir a pólvora. Tamén é certo que así vai vender máis e evita o cheiro a "sesudo" que acompaña a este tipo de traballos...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.