Un novo libro prestado polo meu querido afillado. Grazas novamente!
Unha fermosa idea sobre o cambio climático, que esta amable pombiña vai solucionar coa súa imaxinativa valentía. Realmente, este álbum amable, cheo de tenrura, conta sinxelamente unha historia sobre a amizade na que destaca a fantasía, tanto a través do texto como das ilustracións. Así é Pétala, de Pep Bruno, ilustrado por Luciano Lozano, un fermoso libro que nos chega da man da editorial OQO. Unha fábula sobre o problema da falta de auga que os propios animais deben resolver; un libro que para os máis peques tamén é importante para falar precisamente desta cuestión.
Seremos nós, os humanos, quen de facer algo semellante???
Sen comentarios
Publicar un comentario