Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/04/10

Día Internacional do Libro Infantil

Hoxe celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, unha celebración promovida polo IBBY que coincidindo co nacemento de Hans Christian Andersen pretende achegar os valores da lectura á infancia de todo o planeta. O cartel que podedes ver fíxoo a ilustradora Noemí Vilamuza e o texto Eliacer Cansino. Podedes ler o tríptico premendo aquí nas catro linguas oficiais.
Na páxina da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) hai actividades programadas para esta celebración.



Desde o Recanto de Mik chegamos a esta fermosa colección de ilustracións que convidan a ler:


ILUSTRANDO A LECTURA on PhotoPeach


En moitas ocasións, as imaxes axudan a comprender o significado do texto e serven de apoio visual aos lectores inexpertos. Porén, aínda que nos libros xuvenís non adoitan ser necesarias para a comprensión do texto, si enriquecen a experiencia lectora e contribúen á formación dun criterio respecto ás calidades artísticas.

No Segrel atoparedes os carteis dos últimos anos e os seus textos correspondentes. Paga a pena botarlles un ollo!

En Raioteca tedes acceso a preciosas portadas antigas.

Google tamén o celebra no seu logo; non o fai cun só, senón que ata 5 logos diferentes nos ofrece para celebrar o aniversario de Hans Christian Andersen (para velos non tedes máis que premer no logo para que vaian saíndo os outros). Recoñezo que cada día me gusta máis descubrir a súa creatividade:















E invitámosvos a descubrir, se non o fixestes xa, o Semanario Infantil e Xuvenil de Libro de Notas.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.