Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/04/10

El legado de la pérdida

Descorazonador, estarrecedor... El legado de la pérdida de Kiran Desai é así e moito máis. O libro ofrece unha imaxe impresionante do mundo pluricultural e racista no que vivimos. A historia sitúase en dous escenarios ben diferentes: India e Nova Iorque. En ambos lugares un denominador común: a miseria, a pobreza, a violencia, o medo, a precariedade... que acaban coa calquera enteireza humana que se puidese ter. Ademais, a dramática globalización.
De todos os xeitos, non é -desde o meu punto de vista- un libro redondo. Amosa, si, marabillosamente ben as atmosferas, os retratos, as perspectivas... pero creo que algo falla no fío condutor, desfiañado nalgunhas ocasións. Hai, quizais, demasiada mestura situacional para baleirar emocións que botamos en falta. Queda un sabor agridoce nas nosas emocións ao rematar o libro: por unha parte o final apabullante, a tristura que vai máis alá de calquera réplica, a emoción contida de que malvivimos nun mundo tremendamente inxusto... e por outro ese "fáltalle algo" que redondeara o libro.
Por suposto, a pesar deste "pero" é un libro que vos recomendo, porque o positivo é moito maior có negativo. Ademais, como ben sabedes, toda opinión é discutible. Así que agardo os vosos comentarios... (porque podedes lelo aquí!)

Desai, Kiran - El Legado de La Perdida


A autora, falando de inmigración:

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.