Menos mal que este libro de Branimir Scepanovic é curto. Porque se chega ser moi longo dáme un infarto. Non estou de broma, non, dígoo totalmente en serio. Que atmos
fera máis opresiva, máis abafante!
La boca llena de tierra non é un libro para pasar un anaco de tempo entretido, é un libro estresante, desacougante, un libro que baixo ningún concepto deixa indiferente.

La boca llena de tierra non é un libro para pasar un anaco de tempo entretido, é un libro estresante, desacougante, un libro que baixo ningún concepto deixa indiferente.
Con apenas 80 páxinas o autor consegue unha lectura atenta, interpretativa, ao mesmo tempo dual e desasosegante: perseguiremos ao perseguido ou seremos nós perseguidores? Por que non eliximos nós o xeito de rematar coa nosa vida? Alternando na narración os puntos de vista, asistimos atónitos ao compromiso coa irracionalidade máis flagrante da humanidade; o nacemento dun odio sen motivo, a contradición nos sentimentos humanos; a relación entre o individuo e a sociedade; o enfrontamento entre a norma social e o desexo, entre o ben e o mal.
A soidade, presente na colectividade, é o motor da novela, xunto coa nostalxia e a busca da beleza na natureza, posto que o ser humano sempre resulta máis depravado, sempre defrauda.
Sinceramente, unha obra mestra que deberiamos coñecer.

Sen comentarios
Publicar un comentario