Kalandraka tráenos da man a Janosch con este título: Que bonito é Panamá!, famoso libro que foi levado ao teatro. É o primeiro dos títulos deste autor no que aparecen estes dous animais que o levaron á sona como autor de literatura infantil. O mundo que nos presenta é un mundo idílico onde o compañeirismo é o valor máis destacado, o que fai de cada contratempo unha nimiedade porque o amigo está ao noso carón. Así de fermoso... e fantasioso.
Veredes como vos axuda a soñar.
Veredes como vos axuda a soñar.
Sen comentarios
Publicar un comentario