O Rei Oso Branco e outros contos marabillosos é o título deste libro de Tim Bowley, ilustrado por Óscar Villán e publicado por Kalandraka. Precioso libro que nos leva de viaxe en cada conto por mundos marabillosos cheos de príncipes, princesas, problemas que se resolven, maxia e colorido, na máis pura liña clásica de contos para soñar. Dez relatos que nos deixan tan bo sabor de boca que na sobremesa decidimos, ao pechar o libro, pechar os ollos e seguir soñando, coma nenos que acaban de descubrir a fantasía da literatura. As ilustracións que acompañan o inicio de cada relato son así mesmo maxia no papel.
O mozo entrou no bosque ao lombo do seu cabalo máxico. Cos seus ollos feroces, o peito ancho e os cascos de ferro, non se parecía a ningún outro cabalo do mundo...
2 comentarios:
Concordo, concordo. Alén diso, tivemos a Tim e a Charo Pita no noso centro e funcionaron de marabilla coas súas narracións orais. Apertas desde a Fisterra.
Non os coñezo. Apunto como posible actividade, grazas.
Apertas dende Forcarei.
Publicar un comentario