Unha nova iniciativa que percorre a rede: O cobrador do sur loita contra a pobreza e as multinacionais que defraudan os países pobres. Preténdese nos dous próximos meses levar a cabo todo tipo de accións críticas pero tamén divertidas para chamar a atención sobre as multinacionais que evaden cada ano 160.000 millóns de dólares aos países máis pobres.
A súa filosofía: "Leis fiscais e de comercio abusivas, evasión flagrante de impostos, gobernos corruptos... todos estes elementos e moitos máis conforman un sistema económico mundial inxusto que impide que as comunidades máis vulnerables poidan levar unha vida digna e asegurar o futuro dos seus fillos. A inxustiza económica e fiscal condena a millóns de persoas á miseria, cando no pon en risco a mesma supervivencia do individuo que a padece. Segundo o noso informe "A morte e os impostos", calculamos que a evasión fiscal terá provocado a morte de 5,6 millóns de nenos nos países en desenvolvemento entre 2000 e 2015. Mil nenos ao día. A metade xa morreron".

Vía
Sen comentarios
Publicar un comentario