Listado simplificado
Dende o IES Rafael Dieste "Café dulce, café amargo":
Segundo as estimacións realizadas por UNICEF, o número de nenos e nenas que viven na rúa
sen atención familiar e sen protección dalgún adulto supera os 100 millóns en todo o mundo.
Son nenos abandonados, orfos e expulsados dos seus fogares ou que escollen esta forma de vida a causa dos maltratos, neglixencia ou imposibilidade familiar de cubrir as súas necesidades básicas. As guerras e os desastres naturais incrementan o seu número, facendo deles vítimas para as redes de explotación laboral ou sexual.
Hai nenos e nenas da rúa en moitas das grandes cidades do mundo, especialmente en países en vías de desenvolvemento, pero son tamén visibles en grandes zonas do occidente desenvolvido como EEUU, onde se calcula que hai perto dun millón de nenos e nenas abandonados. Na India son perto de 11 millóns.
O Instituto de Estudos e Formación da Cruz Vermella detectou hai tempo a existencia de nenos da rúa en España, froito da desestruturación familiar e a pobreza extrema; son nenos que se asocian a pandillas ou grupos que utilizan espazos abandonados ou subterráneos das cidades, e que malviven exercendo a prostitución ocasional e a pillaxe.
Café dulce, café amargo on PhotoPeach
O Recanto de Mik ofrece estes recursos.
Dende o noso querido IES O Ribeiro, a nosa compañeira Cecilia aporta esta presentación:
O alumnado de Pontedeume realizou este magnífico traballo:
Guía. En galego.
En O Segrel tedes máis recursos.
En O sorriso da muralla, "pon fin á discriminación".
No biblioblogreboreda, este xogo.
En Olhos Grandes, un par de recomendacións de lectura.
Nas Zocas Faladoras, Fran Alonso.
No IES de Becerreá, traballando co alumnado.
No IES Río Cabe, fermosa actividade e cartel, como vén sendo habitual.
Raioteca: o seu traballo.
Sen comentarios
Publicar un comentario