Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

29/01/11

Para o Día da Paz (II)

Seguimos recollendo o inmenso traballo que se fai nos centros de ensino públicos visualizados a través dos seus blogues para o Día da PAZ:

E imos ata o Ferrol. O seu CEIP Isaac Peral ofrécenos esta Guía de Lectura, Música, Webquest, contos... E a páxina completa.

En Bibliocervo tamén traballan pola Paz. A Biblio de Mondego lémbranos o xogo de Unicef. Os libros de OQO en Raioteca. En Verín, un pouco de todo. No Grove, unha recompilación de recursos.

Dende Biblioiris, "As palabras da guerra" e esta presentación:



Se viaxamos ata a costa, atoparemos outra presentación. Sen abandoala, baixando as rías, un barco:





En Valadares lémbranse do cine: "Cuando el viento sopla". En en Viblios do libro "Es deplorable Segunda Guerra Mundial".

O IES de Curtis agasállanos cos Nobel:


e fotos.

No CEIP Espiñeira-Aldán o conto de "A nena e o grilo".

Na Biblioteca Brea Segade, esta actividade co Guernica.

A Biblioteca Sarmiento
propón este Imagine:




Máis libros sobre a Paz, no Segrel.

Decálogo para medrar en PAZ, na Biblioteca Sarmiento.

Os libros do CEIP de Aguiño. E un cómic máis en Melide. Tamén os libros que leron en Malpica.

En Pontedeume ofrécennon unha obriña de teatro en galego para traballar os valores.

Dende o IES Lagoa de Antela estes dous vídeos para reflexionar. E estes textos:




Ademais dun poema en galego de Miguel Hernández. E a curta de produción propia "O xogo da guerra" de Carlos Casares.

En Monte da Guía "As árbores da paz". En Catoira, esta selección e esta fermosa presentación.

Máis libros en Sada e en Biblioponte. Lembranza de Mandela en Oleiros. Libros e cine en San Sadurniño.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.