Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/05/11

Unha familia normal


Se antes falabamos de Crocodilo namorado, agora chegamos a esta segunda parte da serie de Daniela Kulot publicada por Faktoría K: Unha familia normal. Xa instalados como familia, neste segundo álbum temos dous personaxes máis: un fillo e unha filla que son cuspidiños aos seus papás, é dicir, unha sae ao pai, outro á súa nai. E todos xuntos serán quen de vencer calquera obstáculo.
Seguimos a traballar o respecto ante as diferenzas e as familias diferentes que poidamos observar. As ilustracións, cheas de cor e vivacidade.

...Coma tantas outras parellas que se queren, teñen fillos: Croquila, unha cría de crocodilo, e Rafolo, un bebé xirafa. Xuntos, forman unha familia coma calquera outra. Iso si, un pouco especial...

8 comentarios:

brais dijo...

gustoume moito este libro pola ilustracións que ten

ivan dijo...

este conto foi moi divertido,gustoume bastante

Noemí dijo...

Este conto estivo bastante ben e gracioso. Esta si que é unha familia moi peculiar.

rafa dijo...

esta segunda parte do conto estivo moi ben cos fillos

rafa dijo...

esta segunda parte do conto estivo moi ben cos fillos

martin dijo...

Está ben pero algo infantil para a nosa idade, as ilustracións están ben

yoli dijo...

Estivo ben o libro,a familia ten que axudarse por moi distinta que sexa....

Cris dijo...

Este conto non estivo mal, pareceume moi simpático os bebes que tiveron...jeje son moi cucos.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.