Reedita Faktoría K este precioso Crocodilo namorado de Daniela Kulot que conta a desesperación dun crocodilo por chamar a atención da súa xirafa amada para que esta lle preste un mínimo de atención e poder así comezar amoríos. Pero por moito que o tenta, nada lle sae ben a este pobre animal que tan só quere descubrir un sorriso marabilloso. Unha obra moi doce que inicia varios títulos baixo o mesmo selo.
E é que as diferenzas non importan cando manda o amor! Esta base é esencial para explicar aos máis peques as diferentes relacións que podemos manter.
Indícame Belén que aquí temos unha actividade en LIM para traballar este fermoso libro.
E é que as diferenzas non importan cando manda o amor! Esta base é esencial para explicar aos máis peques as diferentes relacións que podemos manter.
Indícame Belén que aquí temos unha actividade en LIM para traballar este fermoso libro.
11 comentarios:
O profe Carlos do CRA Os Remuíños fixo este LIM para traballar este conto
http://actividadeslim.nireblog.com/post/2011/02/24/crocodilo-enamorado
Bicos
Grazas Belén pola indicación. Incorporámola, por suposto.
Saúdos agradecidos
un pracer!
Bicos
Bicos, Belén
pásame como no anterior paréceme infantil.
Este si que é bonito si que se querían sen importar diferenza ningunha. Este si que estivo ben.
este libro e moi divertido é simpático
este conto estivo moi ben,foi gracioso e simpático
este conto é moi simpático porque ao crocodrilo lle gustaba a xirafa
Pareceume moi curto, pero bastante bonito!
Este conto é divertido como o crocodilo se namora da xirafa e todo o que fai para conseguir o seu amor...
Publicar un comentario