Como en moitos centros de Galicia mañá venres 4 de novembro levaranse a cabo no noso centro unha serie de actividades para celebrar o II Día da Ciencia en Galego (A Muller na Ciencia - A Química fala galego). Ademais de presentar dous carteis conmemorativos dedicados ás dúas mulleres homenaxeadas nesta edición (Marie Curie e María Wonenburger) levaranse a cabo seis obradoiros que ben seguro farán as delicias do alumnado, e máis se temos en conta que serán algúns dos seus propios compañeiros e compañeiras @s monitores!
E o máis importante: absolutamente todo o alumnado do centro participará nas actividades.
E o máis importante: absolutamente todo o alumnado do centro participará nas actividades.
Os talleres, desenvolvidos polos departamentos de Bioloxía, Física-Química e Matemáticas, serán:
- A vida microscópica
- As papilas gustativas
- O cerebro engánanos
- Observa o teu ADN
- Experimenta coa química
- Xoga coa matemática
Neste blogue tedes un glogster para saberdes un pouco máis sobre as homanexeadas.
Este vídeo sobre María Wonenburger tamén nos acompañará toda a mañá:
1 comentario:
Esta actividade estivo moi interesante, apréndimos moitas cousas e para min o mollor departamento foi o de física
Publicar un comentario