Teño que recoñecer que está a editorial Edelvives "que se sae" publicando álbums ilustrados (por que non publican na nosa lingua???). Este, que vén de me chegar, é de Ricardo Gómez con ilustracións de Tesa González. El sueño de Lu Shzu chamará a vosa atención xa no momento mesmo de apalpar as tapas. Logo, ao abrilo, ese olor marabilloso que nos envolve. Os dedos terán que ir tecendo tamén a historia, tocando cada folla, parando en cada palabra, en cada imaxe, en cada detalle. E que dicir da propia historia? Que comentar das ilustracións? Case podo calar e agardar a que sexasdes vós os que faledes. Teño comentado moitos, moitos álbums ilustrados, pero este é un deses especiais, deses con historia real que levei ao día seguinte a ler ao meu alumnado para que puidese sorprenderse, e cavilar, algo tan necesario. Porque o libro cóntanos unha historia verídica que pode estar acontecendo agora mesmo, non moi lonxe de nós. O contraste a esta nosa vida regalada que non apreciamos na súa xusta medida. O libro achegaranos a visión reivindicativa de apreciar as pequenas cousas da vida, porque estas, ao final, son as que prevalecen.
E as ilustracións. Potentes.
Xa teño un novo amor!
E as ilustracións. Potentes.
Xa teño un novo amor!
23 comentarios:
Ola Ronsel, preguntas "por que non publican na nosa lingua???" referindote á editorial Edelvives e aos albums ilustrados, eu creo que a resposta é que venderían poucos libros en galego e os albums ilustrados son costosos para editar, entón o motivo é que non lle compensa económicamente. ë triste pero esta é a realidade, ou eso creo eu.
Porén, resulta curioso que si lles compense editar nas outras lingas do estado. Non falemos do caso catalán, xa que seguramente nesa lingua venden máis ca en galego, desgrazadamente, pero... en euskera???
pareceume moi triste o da pobre rapaza que roubou partes de bonecas para facer una moneca.
A verdade, é un libro bonitisimo e gústame moito como conta a historia a boneca.
A min este texto non me gustou persoalmente pero bueno non era tan malo pero doume algo de pena a rapaza que a botaron de fàbrica e non a deixaran quedar.
e moi guapo é Gracia namorouse del.
A min paréceme moi triste polo da rapaza
este libro gustoume porque demostra a vida en China
É un bo libro. É curioso para nós porque nos indica que os nenos e nenas de países subdesenvolvidos están explotados por ter os dediños mais pequenos.
gústame pero eso de que roubara non me gustou
A historia é moi bonita, gustoume moito porque practicamente fala da realidade,da explotación de moitos nenos nos países do tercer mundo que lles gustaría ir moito á escola coma nós pero moitas veces iso non é posible......
A historia é moi bonita, gustoume moito porque practicamente fala da realidade,da explotación de moitos nenos nos países do tercer mundo que lles gustaría ir moito á escola coma nós pero moitas veces iso non é posible......
É moi triste pola explotación dos nenos, pero aínda así gustoume moito.
O libro é moi bonito, trata dunha nena que traballaba nunha fábrica de bonecas e pouco a pouco ía cambiando de traballo polas súas mans xa non valían para o que estaba realizar. Cada día a nena roubaba unha peza da boneca pa por ter unha coma aqeulas. Tamen e triste porque a nena non podía ter a sú boneca.
A min gustoume moito o libro porque é moi bonito e emotivo, porque a nena o que quería era ter unha boneca ainda que ao final a botaran da fabrica de bonecas .
É un libro moi chulo porque a nena cada vez que se ía facendo máis maior ía roubando pezas na fábrica onde ela traballaba,e eles enteráronse e botárona da fábrica.Ela facía monecas de trapo.
Pareceume moi bonito porque expresa o sufrimento das rapazas deses países subdesenvolvidos
este libro é moi bonito e moi emotivo, como a pobre nena rouba pequenas peciñas para facer unha boneca ,e ese soño é truncado polo seu xefe e como a súa avoa lle fai unha... que bonito.
Este libro é moi triste porque por catro pezas non lle tiña que pasar nada, pero hai tanta xente mala non mundo ... pero é precioso
este libro é moi trite porque a nena quería ter unha boneca
este libro non me gustou aínda que é certo o valor que teñen as rapazas neses países
Este libro pareceume bonito, pero ao mesmo tempo é unha historia moi triste, á nena facíalle ilusión poder ter unha boneca para poder xogar con ela.
Este libro cóntanos a vida dunha rapaza que ten que traballar desde pequena nunha fábrica de monecas, a rapaza foi roubando pezas soltas para poder ter unha.Cando o xefe a descubreu despediuna e a avoa fíxolle unha de trapo
Publicar un comentario