Serviron parte das vacacións para cumprir cun comisario que levaba agardándome un tempo para ser presentado e para poñer en parte ao día a sección de libros non lidos... que medra diario en lugar de devecer. Misión imposible! Como dicía, os libros protagonizados por Jan Fabel reclamábanme dende hai tempo e non lles daba unha oportunidade... ata que chegou o nadal. Xa coñecía a Craig Russell co seu outro detective Lennox, pero estoutros catro libros, comprados en oferta polo prezo de un só (é o bo de agardar tanto) non os daba rillado. Pero comecei co primeiro e xa estou co segundo...
O primeiro libro de Craig Russell é Muerte en Hamburgo, publicado por Roca editorial. Unha novela negra moi negra con moito sangue e moi besta que engancha, como non, dende o principio. Chama a atención, en primeiro lugar, o coñecemento que o autor amosa da realidade alemá, a súa lingua, súa cultura e a súa historia. Tiven que volver á biografía del para recoñecer que e escocés, porque cheguei a dubidar. E é que destacan as moitas palabras en alemán que salferen o texto. Logo está a ambientación coidada e exquisita: o meu fillo ata me buscou un mapa de Hamburgo para percorrer co dedo os lugares que tan ben nos describe o autor. E esta ambientación atinxe tamén á historia, tanto recente como pasada, de Alemaña. E logo está a trama; como xa dixen, chea de sangue, ás veces ata chega a asustar e recorda un pouco a dureza de John Connolly. Un asasino en serie, tan de moda hoxe en día a xulgar polas series televisivas dará moito que andar aos nosos investigadores... e remata de tal xeito que seguirei procurando as outras novelas deste mesmo autor. Aiiiii...

Sen comentarios
Publicar un comentario