Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/10/15

Ola - Adeus

Dos álbums que unha vai recomendando, hai moitos especiais. Poden ser especiais por diferentes motivos, polo contido, polas ilustracións, pola edición... Este é especial porque é un xogo. Por que é un xogo? Porque cun marco bicolor que trae ao fondo, podemos ver os contrarios resaltados en cada páxina. Non é a mesma se a vemos a través dun filtro vermello que se a vemos a través dun filtro azul. Cambia moito, desde logo. Asemade, este é un xogo cheo de sorpresas, porque nas ilustracións fúndense un concepto e o seu contrario. Así que é imposible deixar de xogar, porque estamos desexando saber que imos atopar detrás de cada cor do filtro. De aí o seu título: Ola - Adeus é de Delphine Chedru, ante quen erguemos o sombreiro: que boa idea!!!
Por certo, publica Kalandraka. Claro!

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.