Gústame presumir de alumnado. Cristina Costela está en 4º de ESO, devora libros e anticípase a moitas das miñas lecturas, co cal convértese nunha extraordinaria colaboradora. Cando un libro non lle gusta, tráemo para cambialo. E se lle gusta, aquí está o resultado.
Desta volta a súa última lectura é Son noxento de María Xosé Queizán, publicado por Xerais.
“Son
noxento” é unha
novela curta que me gustou moito, xa que reflexiona sobre temas como o acoso
sexual - violación dunha rapaza polo seu propio pai, pedofilia, violencia sobre
as mulleres…- É dicir, temas comúns no noso día a día; polo que me gustaría que
a xente que lese este tipo de novelas actuasen e reflexionasen sobre o que pasa
ao noso arredor.
“Son
noxento” é unha
novela que fai unha crítica ao machismo que hai na sociedade actual, ademais de
facer alusión ao momento económico que estamos a vivir, o que percibimos a
través do sogro de Suso. Tamén se destacan eivas do cárcere, que se deixan caer
polo medio do libro coma quen non quere a cousa.
Gustoume
moito a forma que tivo a autora de escribir a novela, é dicir, ese monólogo
interior no cal o protagonista expresa situacións de máxima violencia e se
define como depredador sexual masculino. O machismo de Suso tamén se pode
apreciar na súa linguaxe, polo que a autora acertou de cheo ao caracterizar
este personaxe.
A través do
monólogo, o “noxento” lembra o seu pasado dende o cárcere, onde sofre condena.
Mais o lector non saberá ata o final o porqué da condena.
Dende un
primeiro momento notei que Suso era un machista e segundo ía lendo percatábame da
súa evolución, chegando a ser un pederasta e violador da súa propia filla,
comportamentos dos que non se arrepinte.
Para rematar,
gustaríame destacar o comportamento da muller de Suso, Lilí, un carácter
covarde como o de moitas mulleres maltratadas, que sempre desculpan ás súas
parellas. Espero que novelas coma estas sirvan para abrir os ollos ás mulleres
que sofren este tipo de situacións e que se rebelen contra elas.
Unha novela
que me gustou moito e que recomendo ler, para que a xente reflexione sobre o
que pasa hoxe en día e se tomen medidas para poder evitalo.
Sen comentarios
Publicar un comentario