Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/09/07

Caminante no hay camino...

Foi o día 26 de xuño do ano 1875 cando naceu en Sevilla un dos máis grandes poetas españois. Pertencente ao movemento literario coñecido como xeración do 98, probablemente sexa o poeta da súa época que máis se lee na actualidade.

A súa obra poética iniciase con Soledades (1903). Neste breve volume notamos xa moitos rasgos persoais que caracterizarán a súa lírica posterior. En Soledades, Galerías y otros poemas (1907) a voz dol poeta álzase con personalidade propia. Neste mesmo ano, instálase na cidade de Soria para ensinar francés. Nesta cidade coñecerá á que será a súa dona, Leonor. Quizais o máis típico desa personalidade sexa o «tono» nostálxico, suavemente melancólico, aínda cando fala de cosas moi reais ou de temas moi da época: xardíns abandonados, parques vellos, fontes, etc. No fundamental este intimismo nunca desaparece, aínda que na entrega seguinte, Campos de Castilla (1912), Antonio Machado explore novos camiños. O poeta mira, sobre todo, ao espazo xeográfico que o rodea —as terras de Castela— e aos homes que o habitan.
O libro Nuevas canciones (1924), lembra nalgunha das súas partes o tono nostálxico do primeiro Machado.
En 1936, xa en vísperas da Guerra Civil, publica un libro en prosa: Juan de Mairena. Sentencias, donaires, apuntes y recuerdos de un profesor apócrifo. Trátase dunha reunión de ensaios que viña publicando na prensa madrileña a partir de 1934. Este volume mostra que é un dos máis orixinais prosistas do noso século. Usa unha gran variedade de tonos, que van desde a aparente frivolidade ata a gravedade máxima, pasando pola ironía, a gracia, o humor, etc.
Durante a década do veinte e primeiros anos da do trinta, escribe teatro en colaboración co seu irmán Manuel: Desdichas de la fortuna o Julianillo Valcárcel (1926), Juan de Mañara (1927), Las adelfas (1928), La Lola se va a los puertos (1929), La prima Fernanda (1931) e La duquesa de Benamejí (1932).

Deixámosvos agora a homenaxe que lle fixo Joan Manuel Serrat en forma de canción. Agardamos que vos guste!

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.