Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/09/07

Caramel

Filme libanés de Nadine Labaki que xira en torno ás vidas de cinco mulleres libanesas, cada unha delas baixo o peso dos seus problemas sociais e morais. Dentro dunha industria cinematográfica dominada normalmente polo tema bélico, destaca por sacar á luz dilemas sociais aos que se enfrontan as mulleres deste país, temas que aquela sociedade califica como tabú.
O título está inspirado pola mestura de azucre, auga e limón usada polas mulleres árabes como método tradicional de depilación. O seu principal escenario é un salón de estética de Beirut, onde as mulleres falan con franqueza sobre homes, sexo, matrimonio, felicidade. As súas conversas están intercaladas por escenas conmovedoras e cómicas.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.