
E será precisamente esta linguaxe e o seu estudo o que serve de inspiración para a escritura deste libro de Lisa See. Nun mundo onde a muller está predestinada a ser unha posesión máis do home, a ser menos que nada, indigna desde o primeiro momento do seu nacemento pois carecen de valor, a relación entre dous "laotong" e a escritura secreta feminina cumpren unha función de rebeldía, de reivindicación da súa dignidade.
El abanico de seda é unha fiestra a un mundo abraiante, afastado e descoñecido, un retrato vivo da vida dunhas mulleres extraordinarias que vos deixará unha impresión inesquecíbel. Para min, o capítulo onde conta a vendaxe dos pés e o sufrimento que iso conleva, é particularmente conmovedor
Sen comentarios
Publicar un comentario