É difícil escribir un libro que non sexa xuvenil nin para adultos, e que sexa ambas cousas. El curioso incidente del perro a medianoche lese dun tirón, non só porque é entretida, orixinal e de fácil lectura, senón porque te absorbe.
¿Tratar de comprender o mundo dos demais é una perda de tempo? O protagonista ten una efermidade mental e a través dela comprobamos como os que nos consideramos normais vemos o mundo doutro xeito. Paga a pena ler o libro e plantexarse cales son as cousas que non nos gustan e por que. Abre unha porta á reflexión.
Na súa curiosa concepción do mundo, Christopher Boone establece determinadas regras que lle fan a vida máis fácil; utiliza a lóxica dedutiva e as fórmulas matemáticas para afrontar as emocións propias ou as do mundo dos adultos, que non comprende. Non mente xamais porque non entende as mentiras, non entende as metáforas, non soporta que o toquen...
"¿Eres estúpido o qué?. Eso es lo que Siobhan llama pregunta retórica. Lleva signos de interrogación, pero no se supone que tengas que contestarla porque la persona que pregunta ya sabe la respuesta. Es difícil detectar una pregunta retórica".
Sen comentarios
Publicar un comentario