Debo pedir desculpas a A Nosa Biblioteca, pero non podo resistir máis a tentación de ensinárvolo neste voso blog, é demasiado fermoso. E é que grazas a eles descubrín uns marabillosos vídeos que non quero que perdades de contemplar. Poñede os altofalantes e... a gozar coa arte!
Estes vídeos están feitos cunha técnica chamada morphing.O primeiro que vos amosamos é aquel que repasa -en pouco máis de tres minutos- cincocentos anos de retrato feminino. Isto fainos lembrar que a muller poucas veces foi considerada como suxeito que crea, senón que case sempre foi ela a recreada:
Agora ensinámosvos -do mesmo autor- outro fantástico vídeo que repasa a historia da muller no cine (Mary Pickford, Lillian Gish, Gloria Swanson, Marlene Dietrich, Norma Shearer, Ruth Chatterton, Jean Harlow, Katharine Hepburn, Carole Lombard, Bette Davis, Greta Garbo, Barbara Stanwyck, Vivien Leigh, Greer Garson, Hedy Lamarr, Rita Hayworth, Gene Tierney, Olivia de Havilland, Ingrid Bergman, Joan Crawford, Ginger Rogers, Loretta Young, Deborah Kerr, Judy Garland, Anne Baxter, Lauren Bacall, Susan Hayward, Ava Gardner, Marilyn Monroe, Grace Kelly, Lana Turner, Elizabeth Taylor, Kim Novak, Audrey Hepburn, Dorothy Dandridge, Shirley MacLaine, Natalie Wood, Rita Moreno, Janet Leigh, Brigitte Bardot, Sophia Loren, Ann Margret, Julie Andrews, Raquel Welch, Tuesday Weld, Jane Fonda, Julie Christie, Faye Dunaway, Catherine Deneuve, Jacqueline Bisset, Candice Bergen, Isabella Rossellini, Diane Keaton, Goldie Hawn, Meryl Streep, Susan Sarandon, Jessica Lange, Michelle Pfeiffer, Sigourney Weaver, Kathleen Turner, Holly Hunter, Jodie Foster, Angela Bassett, Demi Moore, Sharon Stone, Meg Ryan, Julia Roberts, Salma Hayek, Sandra Bullock, Julianne Moore, Diane Lane, Nicole Kidman, Catherine Zeta-Jones, Angelina Jolie, Charlize Theron, Reese Witherspoon, Halle Berry)
Outro vídeo sobre a muller na arte é este centrado na obra do paisaxista francés Jean-Baptiste Camille COROT (1796-1875:
Estoutro, también sobre a muller na arte, céntrase na obra de Willian Bouguereau (1825-1905):
E, non podía faltar, a muller na música:
É que todo isto é "pura arte". Vexamos uns fragmentos da historia da pintura, cos que Ana Bande nos propoñía o xogo de poñer a proba os nosos coñecementos de arte. Do listado de artistas seguintes hai tres que non aparecen no video. Procurádeos:
Philipe Guston, Munch, Van Gogh, Gauguin, Matisse, Lichtenstein, Monet, Cezanne, Magritte,Kirchner, Egon Schiele, Oskar Kokoschka, Picasso, Gris, Léger, Chagall, Dalí, Frida Khalo, Weselman, Diego Ribera, Marcel Duchamp, Renoir, Miró, Paul Klee, Grosz, Bacon, Warhol, Lucien Freud, Ron Mueck, Ensor, Derain, De Kooning, Schmidt-Rottluf.
Sen comentarios
Publicar un comentario